Hoxe é Mércores 7 de Maio de 2025

Rivas confirma que presentará unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos

digna

Digna Rivas someterase a unha cuestión de confianza co obxecto de desbloquear a aprobación dos orzamentos logo de que o voto en contra de PP e BNG impedise a súa aprobación no pleno celebrado onte. A alcaldesa recorre a esta ferramenta consciente de que a única posibilidade de perder o goberno pasa porque a oposición presente un candidato alternativo para a alcaldía, un escenario que requiriría o acordo dos dous grupos da oposición, algo improbable unha vez que os nacionalistas xa descartaron facilitar un goberno encabezado por Javier Bas.

A alcaldesa sinala que o que busca a oposición tombando os orzamentos “é afogar a este goberno cando o único que fan é prexudicar a Redondela”. Advirte que as contas municipais son necesarias “para seguir avanzando, para poñer en marcha proxectos de futuro como o litoral de Cesantes e para dar resposta ás necesidades dos veciños e veciñas” polo que decide presentar unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais porque entende que estas contas “son as mellores para Redondela”.

Unhas contas que “ascenden a 22.655.106, que son as máis altos da historia de Redondela e que están pensadas para as persoas cun orzamento sostible e xerador de riqueza e actividade económica” e ás que os “grupos da oposición non fixeron ningunha proposta malia coñecelas dende hai semanas”.

Cun incremento de case 2,5 millóns con respecto ao anterior, Rivas destaca a partida dedicada a Políticas Sociais con 2.819.000 euros, cun incremento no servizo de Axuda no Fogar de 300.000 euros, as creación da Tarxeta Social, e o incremento da partida para os comedores escolares e mantense así como o mantemento do servizo de transporte aos institutos para alumnado de Bacharelato que non bus escolar da Xunta.

Non será ata a próxima semana cando anuncie a data do pleno extraordinario no que se debatirá esta cuestión de confianza e asegura que non ten “ningún apego ao cargo” e que se debe unicamente á cidadanía deste municipio “que foi a que me escolleu democraticamente como alcaldesa”.

Conclúe afirmando que o goberno local “vai seguir traballando con máis forza ca nunca, non imos perder nin un minuto, vou esgotar o mandato traballando por e para Redondela como fixen sempre”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: