O Concello de Redondela bota man de orquestras populares para amenizar a XXXVIII edición da Festa do Choco que se celebrará do 9 ao 10 de maio. A Orquesta Mondragón, Os Satélites e Combo Dominicano serán as encargadas das verbenas nocturnas nunha celebración na que tamén actuará Sonoro Maxín e agrupacións locais como a Orquestra de Saxos, Airiños de San Simón, Rondalla de Redondela, Banda de Música de Chapela e O Carballo das Cen Pólas.
O actuación da Orquesta Mondragón, co mítico Javier Gurruchaga ao fronte, será o prato forte dunha programación que arrancará xa o venres coa música da Orquestra de Saxos de Redondela ás 19:30 horas e actuación de Os Satélites ás 22:30 horas.
A xornada do sábado arrancará xa pola mañá con grupo de Gaitas e Baile Airiños de San Simón que a partir das 12:30 horas animarán a veciños, veciñas e visitantes a achegarse á carpa de degustación do choco. Pola tarde a formación local Rondalla de Redondela ofrecerá un concertó ás 20:00 horas que dará paso ao espectáculo da Orquesta Mondragón ás 23:00 horas. A noite pecharase cunha sesión de Djs a cargo de Borja Rúa e Rodri Vegas.
O domingo comezará co pasarrúas da Banda de Música de Chapela ás 11.30 horas e ás 13.15 amenizará o xantar o grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas. A música galega e en galego seguirá pola tarde, desde as 18.00 horas, co concerto do Sonoro Maxín e o seu novo álbum “A primavera ten que ser nosa”. Trátase dun espectáculo no que conviven estilos musicais diversos que van da cumbia ao rock, pasando polo merengue, entre outras propostas. O peche das festas correrá a cargo da Orquestra Combo Dominicano.
Os grupos locais serán tamén os encargados de abrir os concertos do sábado. Ás 12.30 actuarán o grupo de Gaitas e Baile Airiños de San Simón, e pola tarde concerto da Rondalla de Redondela ás 20.00 horas. Ás 23.00 será a quenda da Orquestra Mondragón con Javier Gurruchaga ao fronte. A noite do sábado rematará coa sesión dos picadiscos Borja Rúa e Rodri Vegas.