Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas detencións na fin de semana por alcoholemia

RR_Noticias

A policía local detivo nas últimas horas a dúas persoas logo de dar positivo nun control de alcoholemia. Os dous detidos son veciños de Redondela aínda que de perfil ben diferente, un de 60 anos de idade e outro de 21.

A primeira das detencións producíase na noite do sábado cando unha patrulla da Policía local iniciou o seguimento a un vehículo Citröen Xsara que circulaba polo centro da vila sen luce. Antes de proceder a darlle o alto comprobaron que o seu condutor guiaba o vehículo de xeito errático, invadindo o carril contrario e saltándose un stop. Unha vez detido, a altura de Vilavella, se lle realizou a proba da alcoholemia dando como resultado 0’80, o que supón máis do triple do permitido. Este home, I.A.A.G. de 60 anos de idade, foi trasladado á comisaría da Policía Nacional.
Xa as 7:45 horas da mañá de onte na Praza de Ribadavia outra patrulla detiña a un Wolsvagen Golf que circulaba a gran velocidade pola praza de Ribadavia. Neste caso tamén se lle efectuou a proba de alcoholemia ao seu condutor, X.B.A. de 21 anos de idade e veciño de Redondela, quen deu tamén positivo cunha taxa de 0’67.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará