Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco volve golear en Santa Mariña

RR_Noticias

Nesta ocasión a vítima foi o Nigrán, que caeu por 6-1 no campo redondelán para alegría dos afeccionados. Non foron tan bos os resultados dos equipos locais no resto de categorías, con derrotas do Chapela e o Arcade na Primeira e Segunda Autonómica, respectivamente.

Preferente Autonómica

Choco 6-1 Nigrán
Os redondeláns demostraron unha vez máis en Santa Mariña que van a por todas nesta liga, e onte domingo ofreceron un espléndido espectáculo ós seus siareiros cunha vitoria por 6-1 diante do Nigrán. Saúl, no minuto 11, abriu o marcador, e seguiron os goles de Óscar Blanco, Aitor Gómez por partida dobre, Taran e Javi, para completar media ducia de dianas. A vitoria deixa ós de Jacobo Montes nos postos de cabeza, son 4º, e a próxima xornada terán ocasión de mellorar a súa renda. Volven xogar en Santa Mariña e reciben a un feble rival, o Ourense B, da parte baixa da clasificación.
Primeira Autonómica
Chapela 1-4 O Grove
O Chapela non foi rival para os do Grove, que tiveron un partido fácil. A proposta dos de Chapela de aguantar e saír á contra non foi o axeitado, e saíron goleados na casa. Terán ocasión de mellorar a súa posición a próxima fin de semana, o domingo xogan no campo do pechacancelas, o R.Vilariño.
Segunda Autonómica
A Lama 2-0 Arcade
Os de Soutomaior non conseguiron un resultado positivo no campo de A Lama, o que os deixa na metade da táboa. A próxima fin de semana reciben ó Atl.Cuntis, da parte baixa da clasificación.
Terceira Autonómica
Balaídos 0-2 Chapela B
Os locais a penas chegaron á meta do filial do Chapela, que gañou sen apuros un encontro no que houbo un expulsado por cada equipo. O Chapela B escala postos desde a parte baixa da táboa, e a próxima xornada recibe ó At.Matamá.
Sampaio 2-1 Choco
O Choco non puido co líder, pero mantense na metade da táboa. O domingo recibe ó Balaídos
San Salvador 2-2 At. Vilar
Reparto de puntos que deixa ó Vilar na metade da táboa. O domingo recibirán ó Santa Eulalia, da parte baixa da clasificación.
Ponteareas 0-1 Nespereira
O Nespereira escala ata a 6ª praza do grupo logo de gañar pola mínima no campo do Ponteareas. A a próxima xornada xogará co C.Areas, da metade da táboa.
Cesantes-descansou. A próxima xornada recibe ó Moaña B.
Santomé 1-4 Soutomaior
O Soutomaior segue a liderar o seu grupo logo de golear a domicilio ó Santomé. O domingo reciben ó Bueu, que aínda non sumou ningún punto.
Futbol Sala Autonómica Sur
Abetos 6-5 Redondela F.S.
Os de Manoliño non están a ter un bo comezo de temporada, e volveron perder en Nigrán, malia que chegaron ó descanso cun marcador favorable de 2-3. A próxima fin de semana reciben en Redondela ó Cafetería Luar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará