Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chamamentos á prevención no Día contra o cancro de mama

RR_Noticias

A Concelleira da muller Teresa París, fai un chamamento ás mulleres para que se sometan ás revisións médicas recomendadas para detectar esta doenza que afecta a unha crecente porcentanxe de mulleres. As asociacións de afectadas e os responsables médicos lembran que a detección precoz e a mellora dos tratamentos fixeron diminuír notablemente a mortalidade nos últimos anos.

A concelleira da muller de Redondela, Teresa París con motivo do Día contra o cancro de mama lembra que a partir de determinada idade cómpre que se sigan as revisión médicas recomendadas polo sistema sanitario para diminuír a incidencia da enfermidade. A prevención é o principal xeito de garantir unha mellor calidade de vida, tanto porque axuda a diagnosticar a enfermidade nas súas primeiras fases, co que calquera terapia é de seguro máis efectiva, como tamén porque nos axuda a manter unha vixilancia activa sobre o noso corpo, que sen dúbida redunda nunha mellor saúde xeral. Dende esta Concellería pídense a todas as mulleres redondelás, que pola súa idade estean dentro do sector de poboación que debería facer as revisións e mamografías recomendadas, que non deixen pasar as datas e fagan o posible por revisarse e coidarse en saúde. O cancro é hoxe unha enfermidade que en moitos casos pode ser tratada e curada, pero para iso é fundamental detectar os casos canto antes, algo que destacan tamén dende as asociacións de afectadas.  

Fina Auña presidenta de Adicam
A prevención é a mellor medicina

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará