A agrupación política presentou unha moción no concello solicitando a elaboración duns orzamentos participativos. Demandan do pleno que adopten unha serie de acordos encamiñados a unha co-xestión das contas municipais.
Os acordos a adoptar pasarían por deixar que foran os veciños os que decidisen en que investir un 25% do ornamentos municipais e organizar unha xornadas de formación para as asociacións e os veciños sobre o funcionamento, características e elaboración do ornamento municipal así como a creación dunha oficina de orzamentos participativos.
Esquerda Unida defende esta iniciativa como “unha aposta innovadora de co-xestión pública cidadá” que propugna como principio básico “a democracia directa para a planificación dos recursos públicos municipais, xernando así un espazo cidadá de debate e decisión, para acadar unha vila mais xusta e igualitaria”.