O intento de agresión produciuse na xornada de onte na rúa Mendiño, cando a moza acudía ás dependencias da policía a presentar unha denuncia contra a súa parella quen a ameazara minutos antes nas inmediacións do colexio de Cesantes.
Axentes da Policía local e nacional de Redondela detiveron na xornada de onte a un veciño de Redondela A.P.R. de 23 anos de idade acusado de ameazar e insultar a súa parella, de 22 anos.
Os feitos iniciáronse cunha discusión nas inmediacións do Colexio de Cesantes a onde a parella acudiu a deixar ao seu fillo. Logo de ser ameazada a muller decidiu acudir ás dependencias policiais a presentar unha denuncia e foi interceptada pola súa parella na Avenida Mendiño ao redor das once da mañá, iniciándose unha forte discusión que levaron a un veciño a alertar á policía.
Unha patrulla desprazada ao lugar detivo ao home quen foi trasladado á comisaría de Vigo para ser posto a disposición xudicial. A muller, logo de ser acompañada por unha axente ao servicio de urxencias do Centro de Saúde de Redondela decidiu presentar unha denuncia por malos tratos.