A vitoria diante do Bm.Cangas supuxo para os redondeláns moito máis que dous puntos, xa que a remontada, logo de perder no descanso por 10-17, confirmou que cando o equipo se esforza “pode facer grandes cousas”. Eles son o espello dos case 300 rapaces que adestran esta temporada co club, tanto nas Escolas Deportivas como nas categorías inferiores da Sar.
Os dous puntos do triunfo sobre o Bm.Cangas levaron á Sar Plastic Omnium ata a 10ª praza da clasificación. Pero a vitoria supuxo moi máis, xa que remontada do equipo deulle unha gran dose de confianza ós xogadores. Perdían por 10-17 no descanso e foron quen de darlle á volta ó marcador ata o 30-29 definitivo. Para o presidente da Sar, Aurelio Krook, o resultado é moi importante, xa que supón unha gran “inxección de moral” para os xogadores, que demostraron que se se esforzan “poden facer grandes cousas”. Agora coa mesma puntuación están igualados ata catro equipos, nunha liga que se está a presentar moi disputada para os equipos que loitarán pola permanencia. A próxima cota do equipo redondelán será décimo preto da casa, na pista do Porriño. Os da Louriña avantaxa en dous puntos ós de Pablo Muíños, e no club recoñecen que será “un duro rival”, aínda que motivación dos xogadores será maior logo do triunfo sobre o Explotaciones do Morrazo. Trescentos rapaces nas categorías base O equipo da máxima categoría, na Primeira Nacional, é agora o referente para os rapaces e rapazas que adestran co club. Co comezo do curso 300 cativos desde os 6 e ata os 17 anos adestran coa Sar, tanto a través das categorías inferiores do club como nas súas Escolas Deportivas. A entidade redondelá conta con equipos en todas as categorías, desde os benxamíns ata os xuvenís, cun total de once equipos tanto masculinos como femininos. Ademais teñen outros tres conxuntos na categoría sénior. A estes equipos hai que sumar ós nenos e nenas que adestran nas cinco Escolas Deportivas coas que conta o club en Reboreda, Pazos, Arcade e dúas en Redondela. Entre todas suman case cen rapaces. Para Aurelio Krook a canteira do balonmán redondelán está asegurada, agora o que preocupa na Sar e a situación económica, xa que aínda agardan pola convocatoria das subvencións por parte de diferentes administracións. O presidente teme que coa crise, “as institucións recorten tamén as achegas ó deporte”.