Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mellorar en saúde e imaxe co método hipopresivo

RR_Noticias

Reducir entre unha e dúas tallas de cintura e evitar patoloxías relacionadas coa columna vertebral ou as perdas urinarias, son algunhas das vantaxes que nos promete o método hipopresivo. Un xeito diferente de practicar ximnasia que chega a Soutomaior da man da Concellería da Muller.

O método hipopresivo naceu logo de comprobarse que os exercicios tradicionais que se practicaban para reducir ventre e cintura e, sobre todo, para lograr uns abdominais firmes e robustos podían provocar prexuízos importantes, favorecendo por exemplo a aparición de patoloxías relacionadas co aumento da presión na zona da pelve que pode aumentar o risco de incontinencia urinaria. Como resposta á ximnasia tradicional nace o método hipopresivo. Segundo explica un Tamara Rial, licenciada en ciencias da actividade física e deporte e monitora do método, trátase dun conxunto de técnicas empregas para obter solucións precisamente en patoloxías tales como as perdas de ouriño, as dores de costas e a recuperación post-parto. Un conxunto de exercicios que melloran tamén o rendemento deportivo e a tonificación do abdome. Unha melloras que se estenden aos aspectos estéticos, xa que a súa practica permitirá reducir o perímetro da cintura chegando a perder entre unha e dúas tallas. Os especialistas estiman que os seus efectos positivos poden apreciarse logo de 14 semanas de práctica continua. Unha actividade física aconsellada a practicamente toda a poboación, exceptuando a mulleres embarazas ou xestantes e a aquelas persoas que padecen hipertensión. O prazo de inscrición para participar remata o venres día 28. Os interesados poden formalizar a súa inscrición no CIM de Soutomaior no Multiusos de Arcade ou no teléfono 986 701227.  

Tamara Rial especialista no Método Hipopresivo
Unha ximnasia que nace como reacción aos abdominais tradiconais
Beneficios físicos e estéticos
Técnicas empregadas polos profesionais da saúde e o deporte
Melloras en 14 semanas
Uns efectos que dependerán da constancia e tamén do estado previo da persoa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará