A Concellería de Servizos Sociais ten en marcha un programa de voluntariado orientado a apoiar a nenos e nenas nas tarefas escolares. Búscase tamén xente disposta a ofrecer o seu tempo para participar nun obradoiro de Nadal que facilitará a conciliación de pais e nais durante o período das vacacións dos cativos.
O programa de voluntariado busca poñer en contacto a veciños con tempo e gañas de colaborar desenvolvendo algunha actividade de apoio con aquelas persoas que precisan de axuda en diferentes ámbitos. A día de hoxe están en marcha dous programa concretos. O primeiro está orientado a persoas diplomadas en maxisterio que estean dispostas a aportar o seu tempo e coñecementos apoiando a nenos con dificultades, tanto familiares como académicas, na realización de tarefas. O segundo programa consiste na creación dun obradoiro de Nadal do 26 ao 30 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro nas parroquias do concello. Un obradoiro dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos que precisan de voluntarios que os acompañen nas actividades. Pero hai outras posibilidades como o acompañamento a persoas inmigrantes na realización de trámites, facer compañía aos maiores, levar aos nenos ao parque e calquera outras actividade que se propoña. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no teléfono 986 40 26 08 ou no enderezo voluntariado@redondela.es