Todas as incidencias producíronse ao redor das nove da mañá e, segundo información da Policía Local, as máis graves debéronse á caída de árbores en diferentes puntos do concello. A estas horas a normalidade está restablecida.
Operarios de Conservación de estradas de Fomento traballaron durante boa parte da mañá para retirar da calzada unha árbore caída ao redor das 9:15 horas no Alto da Encarnación e que durante as primeiras horas do día provocaba retencións no carril da N-552 en sentido Vigo- Redondela.
Os fortes refachos de vento provocaron ademais a caída de varias pólas na Alameda do centro da vila e en Portocabeiro unha árbore caía sobre o tendido do subministro eléctrico e da liña de telefonía no camiño de Quirincosta, o que provocou que as vivendas da zona sufriran cortes de luz así como problemas nas comunicación telefónicas. O servicio do Grumir desprazouse ata esta parroquia para tentar restablecer a normalizade coa retirada da árbore derrubada.