O mercado laboral en Redondela e a súa contorna compórtase do mesmo xeito que o resto dos municipios da área metropolitana, isto é, experimentado continuos incrementos no número de persoas que perden o seu emprego.
Así as cousas, o mes de outubro deixa en toda a comarca 110 novos desempregados, sendo o concello de Soutomaior onde se constata un peor comportamento do emprego, con 50 novas persoas anotadas nas listas do INEM o que sitúa o número de parados en 884.
Pola súa banda en Redondela son 2821 as persoas que se atopan nesta difícil situación, logo de que o pasado mes se sumaran a estas listas do servicio de colocación un total de 49 persoas.
En Pazos empeora tamén a situación con 12 novos parados que sitúa o cómputo total de 426 mentres que en Fornelos de montes a situación permanece estable con 251 persoas en situación de desemprego, unha menos con respecto ao mes de setembro.