Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comisión de urxencia para desbloquear o Centro de deportes acuáticos de Chapela

RR_Noticias

O goberno local está á espera de que todos os grupos con presenza na corporación municipal nomeen un representante para convocar esta “comisión de urxencia” cuxa misión será buscar unha solución que permita a posta en funcionamento canto antes da piscina de Chapela.

Unha infraestrutura que permanece pechada, entre outras cuestións, a espera de que o Concello decida si acepta ou non abonar o sobrecusto demandado por parte da empresa construtora e que ascende a máis de 300.000 euros. A comisión política deberá decidir si se abona ou non esa cantidade económica e acordar ademais qué facer coa concesión do centro de deportes acuáticos logo de que o concurso público, convocado polo anterior goberno bipartito, quedase deserto ao non presentarse ningunha empresa disposta a asumir os requisitos establecidos para a súa concesión. Un asunto que foi abordado no Consello Parroquial de Chapela. Dende as asociación presentes neste órgano demandaron que fora o propio concello quen xestione esta piscina no caso de que non se presente ningunha empresa que queira asumir a explotación do centro. Así o explicou o presidente do Consello, o popular Miguel Angel Álvarez, quen amosou a súa confianza en que o concello poida recibir a piscina de xeito inmediato, aínda que recoñece que súa apertura vaise demorar “xa que será necesario que Fenosa fagas as obras necesarias para que a piscina conte con subministro eléctrico”. Un problema que afecta tamén ao subministro de auga. O atraso afecta a todos os veciños en xeral, pero particularmente está a complicar os adestramentos do deportistas do Club de Remo da parroquia, que logo de varios meses continúan en situación provisional empregando unhas casetas de obra á espera de que se lles permita acceder ás novas instalacións nos baixos da piscina.  

MIguel Alvarez Consello parroquial
Algunhas propostas defenden que o concello asuma a xestión da piscina
Subministro de luz e auga
É necesario solventar varios problemas antes de poñer a piscina en funcionamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará