Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O museo de Rande abrirá no 2013

RR_Noticias

Os traballos de rehabilitación que converterán a antiga “fábrica do alemán” nun aula de interpretación da batalla comezarán no primeiro trimestre do vindeiro ano segundo confirmou o alcalde, Javier Bas. O rexedor local realizou onte unha visita ao lugar acompañado do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López Chaves, o arquitecto redactor do proxecto Carlos Fálagan e o arqueólogo Xurxo Constenla.

O proxecto de recuperación da fábrica de salazón financiarase con Fondos Europeos cun presuposto de 1,2 millóns de euros dos que o concello terá que achegar unha parte. Bas contempla o seu inicio no primeiro semestre do ano que vén e a súa finalización de cara a finais do 2013. A recuperación de todo o perímetro efectuarase sen afectar a estrutura da nave e sendo respectuosos co medio.
Na súa rehabilitación contémplase a construción de ramplas interiores e exteriores que faciliten o acceso a minusválidos, e máis a recuperación de elementos pertencentes a actividade industrial que se viña desenvolvendo no lugar, cunha sala de reunións destinadas á Asociación Cultural Deportiva de Rande promotores deste proxecto, máis unha cafetería.
O terreo que se cederá por parte da Autoridade Portuaria será de aproximadamente 2.500 metros cadrados, con 600 metros cadrados útiles divididos en varios módulos destinados a unha aula de interpretación onde se pretende recrear diferentes temáticas como a batalla de Rande ou a busca do tesouro, con actividades interactivas como xogos, maquetas ou paneis informativos.
O alcalde de Redondela agradeceu ao presidente da Autoridade Portuaria, López Chaves, que dende este organismo se estean a facilitar os trámites legais que permitirán a concesión dos terreos ao concello. Un trámite que López Chaves estima que estará rematado no prazo de tres meses.
O proxecto contempla ademais a creación dun roteiro costeiro dende a Ponte pasando polo forte de Rande e polo antigo cargadeiro de mineral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará