Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Núñez Feijoo visita Redondela logo de saír ileso dun accidente de tráfico

RR_Noticias

O presidente do PPdeG continúa coa campaña electoral logo de sufrir un sinistro o vehículo no que viaxaba xunto a outras tres persoas: o escolta, o condutor e unha colaboradora de comunicación. O accidente produciuse en torno ás 00.30 horas desta medianoite cando o vehículo colidiu con dous xabarís á altura de Verín.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo mantén intacta a súa axenda que o traerá esta tarde a Redondela, municipio que percorrerá xunto co presidente provincial do PP, Rafael Louzán, a cabeza de lista ao Congreso, Ana Pastor, e o alcalde, Javier Bas.
Está previsto que o presidente da xunta chegue á Praza da Farola ás 18:30 horas, tan so unhas horas despois do accidente de tráfico no que se viu envolto esta madrugada. Un aparatoso sinistro do que Feijoo saíu ileso e que se producía ás 00:30 horas da medianoite, segundo información de Europapress.
O suceso tivo lugar cando o coche electoral que levaba a Feijoo onde a noite de Verín a Santiago non puido evitar colidir contra dous animais, unha nai e a súa cría, cando circulaba pola autoestrada que une Ourense coa capital galega, á altura do municipio de Verín. O coche quedou esnaquizado logo de colidir con dous xabarís, aínda que ningún dos catro ocupantes do vehículo resultou ferido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará