Hoxe é Luns 30 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un baúl viaxeiro promove a lectura do cómic

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela poñen en marcha un proxecto de baúl viaxeiro para fomentar a lectura do cómic. Unha maleta cargada con 103 títulos de banda deseñada achegará este formato literario aos centros educativos do municipio.

“Maus” de Art Spiegelman ou Persépolis de Marjane Satrapi son algúns dos títulos que nos vindeiros meses percorrerán os colexios do municipio grazas á proposta das Bibliotecas de Redondela e Chapela. Un baúl que xa comezou a viaxar cargado con libros de banda deseñada que ten como finalizade darlle difusión ao formato Cómic como lectura habitual entre os máis novos. En total son 103 títulos para diferentes idades e gustos, que intentarán achegar non só aos máis novos senón, a través deles, aos adultos, unha disciplina que aínda moitos consideran marxinal e inferior artisticamente con respecto a outros productos culturais. Obras infantís para nenos de tan só 3 anos como  “la caca mágica” ou “Dino y Pablo” da editorial Bang ou publicacións da editorial galega Cerditos de Guinea así como outros títulos que abarcan todos os públicos percorrerán dentro deste baúl viaxeiro os centros escolares do concello dende este mes de novembro ata o 2013 co fin de dar a coñecer esta novena arte.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Do baul viaxeiro fálanos a responsable do centro que se atopa no Multiusos de Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará