Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita 300.000 euros para arranxar o tellado do Colexio de Quintela

RR_Noticias

Dende o Bloque lembran que durante o curso pasado o temporal levantara parte da cuberta deste centro educativo “o que unido ao deterioro que xa de por si presentaba, apunta á necesidade dunha intervención inmediata”. Engaden que xa existía neste sentido un compromiso verbal por parte delegado territorial da Consellaría de que nos orzamentos do 2012 se recollería a achega necesaria para levar a cabo a obra.

Malia todo, o BNG asegura que logo de repasar os orzamentos da Xunta “constatouse que non existía unha asignación para este centro” no que se escolarizan nenos e nenas de educación infantil e educación primaria. Por este motivo, o Grupo Parlamentario do BNG introduciu unha emenda de tres centos mil euros para acometer a renovación do teito do CEIP Quintela.
Critican a actitude do Delegado territorial a quen acusan de “non asumir nin cumprir os seus compromisos”, xa que tamén existe outro compromiso de acometer unha das unha das demandas que máis repercusión tivo durante estes meses no concello de Redondela como é construcción dun patio cuberto no CEP Santa Mariña sen que polo de agora se teña adxudicado a esta obra os 200.000 euros que serían necesarios para a mesma.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará