Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eduardo Reguera: “A situación económica do concello era boa cando deixamos o goberno”

RR_Noticias

Con esta afirmación o edil socialista defende a xestión económica do bipartito durante os anos que PSOE e BNG se mantiveron ao fronte do goberno local. Acusa á Concelleira de economía e facenda, Ana Mª Alonso de non ter “unha visión global” das contas municipais xa que “Redondela presenta un nivel de endebedamento moito menor que outras administracións”.

Un dos argumentos que esgrime o socialista á hora de defender a xestión do goberno do que formara parte é o feito de que Redondela non está a pasar polas dificultades doutras administracións “cuxa difícil situación económica pon en risco incluso os pagos aos provedores e aos propios traballadores”.    Eduardo Reguera defende tamén o seu traballo ao fronte da Concellería de cultura e lembra que o Concello continuou colaborando nas festas parroquiais e organizando actividades culturais durante todo o verán. Algo que ao seu entender ven demostrar que “si había cartos nese departamento” en clara referencia ás críticas de popular Ana Mª Alonso quen asegura que no mes de xuño “había no departamento de cultura partidas en negativo e tan só quedaba un 27% do saldo dispoñible para todo o ano”. O edil aproveitou para criticar a política cultural do PP. Nomeadamente a decisión de suspender dous ciclos que se viñan desenvolvendo nos últimos anos dedicados a promover a música clásica e o teatro afeccionado. Entende Reguera que a decisión de non celebrar este ano o “Musicámara” e o “Teafecciona” cuxo custo era de aproximadamente sete mil euros entre os dous, non responde a unha cuestión económica senón a “outro xeito de ver a cultura por parte do PP”.  

Eduardo Reguera edil do PSOE
O concelleiro defende a xestión económica do biparito
Xestión da Concellería de Cultura
Defende que no departamento que presidiu si había cartos para todo o ano
Outra forma de ver a cultura
Critica que non se organicen ciclos que estaban xa consolidados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará