O actual concelleiro de Cultura, Alberto Pazos acusa ao seu predecesor no cargo de “malgastar os cartos dos redondeláns” e asegura que a situación económica que se atopou cando chegou ao cargo provocou recortes tanto na programación cultural como nas axudas que este departamento viña concedendo ás asociacións.
En concreto Alberto Pazos fala de que a falta de recursos levouno a recortar ata nun 30% as achegas que se concedían ás asociacións do concello para a elaboración de actividades culturais. Reitera que cando chegou ao cargo o seu departamento contaba co 27% do orzamento previsto para todo o ano e sinala directamente ao ex responsable de cultura, Eduardo Reguera, a quen acusa de ter “malgastado os cargos dos redondeláns tentando gañar unhas eleccións a base de subvencións”. Precisamente esa falta de fondos é o motivo de non ter celebrado este anos os ciclos culturais Musicamara e Teafecciona e recrimínalle a Reguera que a día de hoxe “aínda está pendente de pago da actuación correspondente ao Musicámara 2010”. Como exemplo da mala xestión do seu predecesor explica tamén que non se adoitaban pedir varios presupostos cando había que contratar algún servicio. Asegura por exemplo que nos últimos anos sempre se contrataba á mesma empresa para a colocación as luces de Nadal, “cando este ano comparando orzamentos imos aforrar ata un 30%”.