Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento avanza na súa intención de ampliar a AP-9 e os veciños estudan mobilizarse

RR_Noticias

As últimas informacións apuntan a que Audasa asumirá os 350 millóns necesarios para ampliar Rande e compensará o investimento incrementando nun 1% a peaxe. A asociación de afectados pola AP-9 convoca aos veciños de Chapela a unha asamblea que celebrarán o sábado ás 18:30 no multiusos da parroquia para analizar os movementos dados polo Ministerio dende que o pasado venres a Consello de Ministros dera luz verde ao proxecto.
 

O pasado vernes o Consello de Ministros daba luz verde á ampliación de Rande e aos poucos imos coñecendo máis detalles de cómo se prevé financiar a obra. Todo apunta a que Fomento ten chegado a un acordo coa concesionaria da AP-9. Audasa asumiría o custe da ampliación de Rande e da circunvalación de Santiago a cambio de incrementar a peaxe durante dúas décadas cun 1% anual a maiores da actualización do IPC.
Un incremento que afectaría a todos os tramos dende Ferrol a Tui e que se faría efectivo a partir do 1 de Xaneiro do exercicio seguinte ao da autorización da posta en servicio dos novos viais.
O Real Decreto aprobado no último consello de ministros está aínda pendente de publicación no BOE e no mesmo se establece a ampliación do enlace entre Cangas e Teis co desdobramento da Ponte así como dos 5’9 kilómetros entre O Morrazo e a saída en Vigo.
A asociación de afectados de Chapela celebrarán este sábado unha asemblea aberta aos veciños onde se analizarán estas informacións e se estudará a posibilidade de retomar as mobilizacións. Teñen previsto ademais solicitar unha nova reunión co goberno da Xunta para coñecer cal é o posicionamento do PP ante os últimos pasos dado polo Ministerio que aínda preside o socialista José Blanco.
A asemblea que se celebrará o sábado ás 16:30 no Multiusos do Piñeiral en Chapela inclúe dentro da orde do día a renovación da Xunta directiva, aínda que as últimos informacións en torno ao proxecto de ampliación está a provocar que os asuntos previstos queden eclipsados por outros temas máis urxentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará