Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Posponse o pleno de novembro para tentar chegar a acordos en política orzamentaria

RR_Noticias

Os populares tentarán aprobar o vindeiro 30 de novembro o orzamento do 2012, unhas contas que van ser “axustadas e centradas nas necesidades primordiais de Redondela”. Dende o PSOE instan ao goberno local a facer os deberes e aprobar canto antes as contas municipais e dende o Bloque adiantan que non aceptarán recortes nos servizos públicos.

O obxectivo do PP é claro, aprobar os orzamentos do 2012 no pleno ordinario de novembro, pero gobernar en minoría obriga aos populares e negociar e tentar lograr apoios. Precisamente para tentar avanzar nese camiño decidiron pospoñer o pleno ordinario deste mes, que debía de celebrarse mañá e que finalmente se convoca para o vindeiro mércores día 30. Polo de agora, non se coñecen os números concretos nin tampouco cales son as partidas que máis se van ver afectadas por posibles recortes, pero dende a oposición amosan xa a súa negativa a que se reduzan as previsións de gasto en servizos sociais. Ana Alonso, Concellería de Economía e Facenda asegura que non van tocar eses servizos porque a pesar das “dificultades que existen para elaborar ese orzamento” o obxectivo é “manter e incluso aumentar o investimentos en temas sociais”. Dende o BNG e á espera de coñecer cales son as contas do goberno xa adiantaron que son dous os piares básicos que terá que respectar o orzamento do vindeiro ano para contar co apoio dos concelleiros nacionalistas: que se incrementen as achegas destinadas aos servizos públicos para que estes poidan ter capacidade de actuación e que se apliquen medidas de fomento do emprego. Iso si, dubidan que estas contas poidan ser aprobadas neste mesmo mes. O voceiro do PP asegura que no seu partido son conscientes da difícil situación económica das arcas municipais “produto dunha xestión económica lamentable” dos anteriores responsables do goberno.  Asegura Pazos que “non se poderán cubrir todas as necesidades dos veciños” pero que haberá tres liñas de actuación básicas: finalizar o saneamento, crear emprego e atender aos máis desfavorecidos. O socialista Eduardo Reguera insta ao PP a que negocie co resto do grupos porque a “situación de minoría en que se atopan obrígaos a chegar a acordos”. Asegura o edil que a situación na que atoparon as contas municipais era boa e reclama aos populares a que “deixen de criticar e que aproben os orzamentos o antes posible”  

Ana Mª Alonso edil de Economía e Facenda
Uns orzamentos "axeitados á realidade"
Cecilia Pérez Orge BNG
Piden unhas contas sen recortes en áreas sociais e con investimentos en creación de emprego
Alberto Pazos PP
Orzamentos axustados
Eduardo Reguera PSOE
Aprema ao goberno local e negociar para sacar adiante o orzamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará