A comisión, integrada polo alcalde Javier Bas e un representante de cada grupo político con representación municipal ademais da secretaria e o interventor do Concello celebrou o mércores a primeira reunión, na cal sentáronse as bases da selección dos empregados públicos.
Coa constitución desta comisión dáse resposta a un acordo plenario adoptado por unha moción presentada pola Agrupación de Electores de Redondela. O obxectivo da mesma é que todos os grupos poidan expoñer as súas propostas na elaboración realizada polos técnicos municipais das bases que regularán a constratación do persoas públicol
Javier Bas subliña que a posta en marcha desta comisión servirá para que os procesos selectivos que se realicen no concello sexan “completamente transparentes e obxectivos”.