O partido disputado na pavillón da parroquia redondelá rematou co resultado de 28 goles a 27. A SAR pola súa banda continúa afundíndose na categoría logo dunha nova derrota. Neste caso era o Calvo Xiria quen non lle daba respiro aos homes do Plastic Omniun nun encontro disputado na bomboneria e que rematou cun contundente 16-39.
O Paraxe Chapela continúa ofrecéndolle vitorias aos seus seguidores, eso si, con emoción ata o último intre do partido. De feito foi no último minuto do encontro disputado no pavillón de Chapela ante o Magope, cando un gol do romanés Decu lle deu a vitoria ao equipo local. Un encontro con dúas partes diferenciadas. Así, nos primeiros trinta minutos o dominio absoluto foi para o Paraxe que conseguía unha ampla vantaxe no marcador e que se ía ao descanso cun cómodo resultado ao seu favor. Á volta dos vestiarios o Magope presentou unha estrutura defensiva que lle servía aos vigueses para recortar distancias e chegar ao empate, cun marcador que a un minuto do final do encontro deixaba un igualado 26-26. O paraxe resolvía ao seu favor grazas a un último gol a cargo de Decu.
O Paraxe Chapela continúa grazas a esta vitoria ocupando a curta praza en primeira nacional e aínda que xogan fora da casa, a priori a cita da vindeira semana parece doada, enfrontaranse ao pechacancelas o Cinco Jotas
No lado negativo temos que falar da malleira que recibiu a Sar no partido disputado o pasado sábado na bomboneira. Os xogadores do Plastic Omnium encaixaron unha avultada derrota ao caer ante o Calvo Xiria por 16 goles a 39. Unha difícil situación á que se enfronta agora o equipo que dirixe Pablo Muíños, en postos de descenso e con tan só cinco puntos.
Dende ese penúltimo posto da categoría os homes da Sar desprázanse na vindeira fin de semana á Coruña onde se enfrontarán co OAR.