Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita a eliminación de barreiras arquitectónicas nas zonas de actividade comercial

RR_Noticias

A Agrupación de Electores insta ao goberno local a crear ou mellorar a habilitación dos accesos, entradas, beirarrúas e ramplas, de xeito que se permita a libre circulación das persoas discapacitadas nas proximidades e arredores das zonas educativas, sanitarias, culturais e de recreo.

O representante de AER no Concello, Jorge Varela “Chopi” defenderá no pleno de mañá unha moción na que insta aos responsables políticos a cumprir a normativa recollida na Lei de Integración ao Minusvalido sobre a prevención e supresión de barreiras nos ámbitos do urbanismo, edificación e transporte, para que se eliminen aqueles obstáculos que dificultan ou impiden a libre circulación dos minusválidos por vías e espazos públicos.
Apuntan dende a agrupación de electores que a mellora de ditos accesos debe ser acorde e axeitada, coa súa debida anchura, inclinación e lonxitudes técnicas, para que cumpran a súa función real debidamente, xa que en moitos dos casos, a pesares da existencia dos mesmos, son inútiles.
Por este motivo entenden que sería necesario destinar unha partida orzamentaria a tal fin, tal e como establece a lei, para traballar axeitadamente na eliminación das barreiras arquitectónicas das rúas e principalmente nas zonas de actividade comercial dos núcleos urbanos do Concello.
Por outra banda, entenden que sería positivo convidar aos comercios locais que non teñan a obriga de cumprir esta normativa a que sexan partícipes deste labor social, habilitando os seus establecementos para que o colectivo de persoas con discapacidade non se atope con limitacións á hora de desenvolver as súas actividades cotiás.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará