Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As ANPAS de Redondela inician unha campaña de recollida de sinaturas contra os recortes educativos

RR_Noticias

As asociacións e pais e nais dos centros educativos denuncian os problemas que afectan aos colexios do concello motivados polos recortes da Xunta que “so afectan a ensinanza pública mentres a dotación económica que dedica a Consellería os centros privados e concertados non se viu modificada”. Para reclamar que se solucionen os problemas que afectan aos centros educativos da comarca as ANPAs teñen en marcha unha campaña de recollida de sinaturas.

Redución de profesorado, supresión de unidades, masificación de aulas, falta de persoal administrativo nos centros, incremento do horario lectivo dos educadores, baixas sen cubrir e falta de inversión nos colexios son tan só algúns dos efectos que, segundo apuntan pais e nais, estanse a detectar nos centros educativos de Redondela por mor dos recortes da Consellería de Educación. Uns recortes que “afectan á calidade do ensino e cuxos efectos serán visibles nos vindeiros cursos” segundo se apunta dende as ANPAs dos colexios de Quintela, Cesantes, A Marisma, Santa Mariña, A Igrexa en Chapela e o instituto Pedro Floriani.
Entre os problemas que se están a detectar nos centros da comarca subliñan dende as ANPAs a falta de comedor en varios colexios, o atraso na substitución do profesorado no IESA Mendiño, a supresión de saídas extraescolares na escola infantil de A Marisma, a deterioración das instalacións no Colexio de Outeiro das Penas ou en Quintela, onde a pesar de sufrir de goteiras a Consellería non acometeu a renovación do tellado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará