Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello instará á Xunta a que manteña o financiamento do Plan Concertado

RR_Noticias

A moción presentada polo BNG saíu adiante grazas ao apoio dos concelleiros de PSOE e AER. Non así dos populares, que votaron en contra do texto presentado por entender que os recortes teñen a súa orixe na diminución das achegas do Estado.

A decisión adoptada no pleno de novembro, implica o compromiso do Concello de esixirlle á Xunta que manteña o financiamento do Plan Concertado e o programa de servizos sociais comunitarios “como mínimo coas cantidades consignadas no ano 2009” logo de que durante este exercicio sufrira un recorte de 2’4 millóns de euros. Na moción dos nacionalistas reclámase ademais que nos orzamentos do 2012 se restablezan e incrementen os fondos destinados aos concellos para apoio ás familias e que se dote economicamente o Plan especial de atención á comunidade xitana e o programa de atención a persoas sen fogar. Lembra o BNG que o Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas con dificultades. Dende o PP presentaron unha serie de emendas orientadas a que a moción incluíse unha demanda explícita ao goberno do estado para que manteña as achegas á comunidade autónoma.  Lembraba a edil responsable de Servizos Sociais, Teresa París que a Xunta está a facer un esforzo para financiar o Plan Concertado que se concreta que as achegas do goberno galego “superan en proporción nun 228% ás que fai o estado”. Malia os votos en contra do PP a moción foi finalmente aprobada.  

Xoan Carlos González BNG
Demandan que se manteñan os recursos que o goberno galego destina aos servizos sociais
Teresa París PP
Os recursos achegados polo estado á comunidade diminuiron

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará