A campaña de recollida de sinaturas continuará ata o vindeiro 16 de decembro. Dende as Asociación de pais e nais non desbotan adoptar outras medidas de presión para esixir que se cubran todas as demandas dos centros educativos de Redondela.
En total son sete as asociacións de nais e pais que estes días uniron as súas forzas de cara a demandar da Consellería de Ensino que se cubran as necesidades dos centros educativos do Concello. Solicitan que non se produzan recortes porque entenden que iso repercutirá no empeoramento da calidade da educación dos seus fillos e apuntan necesidade concretas que están afectar aos colexios de Cedeira, Reboreda, Quíntela, Outeiro das Penas, o instituto Mendiño e o centro de ensino infantil de A Marisma. Dende esta escola infantil, Javier Rivas apuntaba que a falta de investimento tradúcese nunha masificación das aulas, en que non se estean a cubrir as baixas do profesorado e que en moitos centros non se poida contar co servicio de comedor. Esperan continuar sumando forzas e que as Asociación de pais e nais do resto dos centros do concello tamén se sumen ás súas protestas que polo de agora se concretan na recollida de sinaturas que continuará ata o venres 16 de decembro, xa que queren reenviar esas sinaturas á Consellería de educación antes do inicio das vacacións de Nadal.