A compañía FusiónArte achega ao multiusos do Piñeiral un espectáculo de maxia con música en directo a cargo do grupo Alvaro Muras. A actuación será o xoves 15 ás 19:00 horas con entrada de balde.
A fusión da maxia de Chrystyan Magic e a música do grupo Alvaro Muras dan como resultado un espectáculo dinámico e interactivo que leva por título “Ao ritmo da Maxia”, unha proposta artística que se poderá ver este xoves ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral en Chapela. Este espectáculo, orientado a todos os público aínda que con especial atención aos cativos achega a maxia ao espectador a través dun formato orixinal, onde se combinan varias áreas da maxia cunha ambientación musical aportadas pola batería, o baixo e a guitarra.