Esquerda Unida organiza o xoves 15 de decembro as 20 horas na Casa da Cultura un foro de debate aberto a todos os veciños baixo o titulo “crise enerxética causas, consecuencias e alternativas”. O encargado de conducir a charla será o catedrático de física e química e diplomado en enxeñería ambiental, Angel Culebras.
O maior consumo de petróleo por parte dos países emerxentes e a dificultade de seguir explotando os pozos ao ritmo no que se está a facer actualmente, fai prever que nos vindeiros anos e a curto prazo o combustible e o restos dos produtos derivados do petróleo continúe incrementando os seus prezos ata chegar a niveis case prohibitivos. Do mesmo xeito moitos alimentos que dependen do transporte verán incrementado o seu custe. Partindo desta hipótese faise cada vez máis necesario traballar no fomento do transporte público e das enerxías alternativas.
O catedrático de física e química e diplomado en enxeñería ambiental, Angel Culebras será o encargado de conducir o foro de debate que organiza a agrupación de Esquerda Unida en Redondela hoxe xoves 15 de decembro na Casa da Cultura baixo o título “Crise, desemprego e alternativas”.
O foro convocarase de xeito mensual e abordará temas como a banca ética, a crise enerxética e alimentaria e a mobilidade.