Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos recuperaría hoxe dous concelleiros grazas ao incremento da poboación

RR_Noticias

A corporación de Fornelos de Montes viu diminuída o seu número de integrantes nos últimos comicios municipais ao quedar a súa poboación por baixo dos 2.001 veciños censados, unha situación que se corrixiría no caso de que logren manter a tendencia actual que os sitúa nos 2.002 veciños a día de hoxe.

A corporación municipal de Fornelos de Montes está integrada actualmente por 9 representantes políticos cando antes dos últimos comicios municipais esta cifra ascendía a once concelleiros
O modesto incremento no número de habitantes detectado en Fornelos de Montes no último censo do Instituto Nacional de Estatística sitúa o número total de habitantes en 2.002, cifra que no anterior censo ascendía a 1.996. Un pequeno incremento de tan só seis persoas pero que supón un cambio importante xa que de manterse por riba deses dous mil habitantes podería recuperar os concelleiros perdidos nas últimas eleccións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará