Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 600 rapaces participan no Segundo Torneo de Nadal do Choco Club de Fútbol

RR_Noticias

Un total de 48 equipos disputan en Santa Mariña o campionato de Fútbol 7 organizado polo Choco club de Fútbol nas categorías Alevín e Infantil. Entre os conxuntos figuran moitos de Redondela e comarca, entre eles o Choco, Chapela, Redondela, Verdugo, Balaídos ou Rápido de Bouzas. Tamén outros equipos chegados de distintos puntos de Galicia como o Ponte Ourense ou Figueirido.

 
O campo de fútbol de Santa Mariña acolle estes días o II Torneo Fútbol 7 Alevín e Infantil que organiza o Choco C.F. Son 670 rapaces os que están a competir desde onte por unha praza nas finais. Forman parte dun total de 48 equipos, 24 de cada categoría, chegados tanto da comarca de Redondela como doutros puntos de Galicia. Entre eles o propio Choco, ademais dos clubs Chapela, Redondela, Verdugo, Soutomaior, Balaídos, Rápido de Bouzas, Castrelos ou Mos. Tamén outros clubs procedentes de distintos puntos de Galicia como Ponte Ourense, Figueirido, Bueu, Moañesa ou Val Miñor.
Hoxe venres os partidos comezaron as 9.00 da mañá, e a fase de eliminatorias rematará ás 14.30 cos partidos Balaídos B-Ponte Ourense en alevíns, e o Balaídos B- CD Areosa en infantís. Xa esta tarde xogaranse os oitavos de final, que comezarán en Santa Mariña ás 16.00 horas e rematarán ás 21.00. Mañá sábado dispútanse os cuartos de final a partires das 9.00; as semifinais serán ás 12.20 horas e a gran final ás 14.30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará