Os equipos vigueses impuxéronse no II Torneo Fútbol 7 organizado polo Choco Club de Fútbol. Na categoría Infantil proclamouse gañador o Areosa logo de superar na final ó Santa Mariña. O Rápido de Bouzas impúxose ó Verdugo na final dos Alevíns. Os equipos do Choco e Moaña foron 3º e 4º clasificado nos Infantís. En Alevíns foron os equipos de Santa Mariña A e B os que ocuparon o 3º e 4º posto nas finais.
Un total de 48 equipos participaron no campo de fútbol de Santa Mariña no Torneo de Nadal de Fútbol 7 organizado polo Choco Club de Fútbol nas categorías Alevín e Infantil. Un total de 670 rapaces competiron por chegar ás finais, con 24 de cada categoría, chegados tanto da comarca de Redondela como doutros puntos de Galicia.
Ao mediodía do sábado disputáronse as finais, onde o Rápido de Bouzas se impuxo na categoría Alevín logo de gañar ó Verdugo por 2-0. Os vigueses pasaran á final logo de superar en semifinais ó Santa Mariña A cun marcador de 2-1. Ademais o porteiro do Rápido de Bouzas, Nicolás Pérez, foi elexido mellor porteiro do campionato. Os dous equipos do Club Santa Mariña, A e B, ocuparon a terceira e cuarta praza, respectivamente, nesta categoría.
Na categoría Infantil outro equipo vigués, o Areosa, fíxose tamén co título ó impoñerse ó Santa Mariña. O Choco foi o equipo local que acadou unha mellor posición neste torneo, ó rematar na terceira praza na categoría Infantil. O Moaña ocupou o cuarto posto.
Houbo outros premios neste II Torneo de Nadal do Choco Club de Fútbol, o Trofeo á Deportividade, que foi para o Louro na categoría Alevín, e para o Moañesa na de Infantil.