Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O último pleno do ano aprobará a remodelación do polideportivo de Chapela

RR_Noticias

A corporación municipal debaterá no último pleno do ano, o que se celebra este xoves ás 20:00 horas na Casa Consistorial, o convenio con deputación para a  adecuación e reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela. Un acordo entre a administración local e provincial que permitiría destinar a esta actuación 485.737 euros.

Este investimento, financiado entre a deputación que achegará 346.000 euros e o concello que asumirá os 140.000 restantes, permitirá solucionar unha serie de deficiencias existentes no pavillón e que impiden a súa utilización de xeito normal, motivo polo que a obra centrarase en remodelar tanto a pista de xogo como os elementos complementarios.
A Deputación será a encargada de redactar o proxecto, así como de levar a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Previamente o Concello de Redondela deberá poñer a disposición da Deputación as instalacións necesarias para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas motivo polo que é necesario que se aprobe no pleno de pasado mañá este convenio de colaboración .
Comparecencia de Alberto Pazos
O BNG solicita a comparecencia do concelleiro de cultura, Alberto Pazos, para que dea explicacións sobre a “situación potencialmente perigosa” que se viviu o pasado 20 de decembro no auditorio do Multiusos ante o elevado número de persoas que acudiron ao concerto de Nadal do Conservatorio. Un evento no que ademais de cubrirse o aforo eran máis de cen as persoas que seguiron o concerto nas escaleiras, o que supón un risco para todos os asistentes que se ve agravado polas escasas medidas de evacuación que existen no auditorio.
Por este motivo, solicitan ao responsable de cultura que confirme se dende o seu departamento contemplan algún tipo de medida para que esta situación non s e volva repetir no futuro.
Moción de AER
AER solicita un incremento lineal dos salarios dos concelleiros “por ser máis xusto que un incremento porcentual” de xeito que o que perciben os membros da corporación se  incremente na mesma cantidade independentemente do que esteas a perciben actualmente polas súas funcións como concelleiros. A proposta da Agrupación de electores concrétase en que “os incrementos sexan lineais, aplicando a porcentaxe ao soldo máis baixo e subindo esa mesma cantidade ao resto de membros da corporación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará