Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cantos de Reis e sombras chinesas en Saxamonde

RR_Noticias

O Centro Cultural Chan das Pipas continúa coa programación de Nadal cunha serie de actividades orientadas aos máis pequenos da parroquia que culminarán cos Cantos de Reis o vindeiro día 6. Sen solución de continuidade na vindeira semana organizan un obradoiro de sombras chinesas para todos os públicos da man de Tanxarina.

Un 2012 que arranca forte en Saxamonde, cunha semana chea de citas para o público máis novo. Así, mañá martes dende as 17:00 ás 19:30 horas celebrarase no centro cultural Chan das Pipas un obradoiro de manualidades con pedras destinado a rapaces a partir de 4 anos. Os nenos non socios deberán aportar un euro para material.O mércores día 4 ás doce do mediodía reuniranse os rapaces para ensaiar os Cantos de Reis e pola tarde, de 17:00 a 19:00 celebrarase un Obradoiro de Historia Medieval no Castelo de Soutomaior. Unha actividades orientada a nenos maiores de 8 anos e cuxas prazas están xa cubertas, aínda que dende a directiva do centro non desbotan repetir unha actividade que “permitirá experimentar aos asistentes a vida no medievo con actividades que os trasladarán á Idade Media”, motivo polo que animan aos posibles interesados a se inscribir na cafetería do local cultural.Os cantos de reis soarán na parroquia o festivo do día 6, a partir das 9:45 da maña.E xa na vindeira semana, concretamente o día 9 arranca un obradoiro de elaboración de sombras chinesas a cargo dos titiriteiros de Tanxarina. Serán catro luns consecutivos en horario de 19:30 a 22:30 horas. Unha programación que desexan manter durante todo o ano “por seren os centros culturais importantes instrumentos de dinamización nas parroquias” aínda que se manteñen á expectativa do que poida pasar coas súas fontes de financiamento, maioritariamente axudas procedentes do diferentes organismos como Xunta, Deputación e Concello, organismos onde se está a aplicar a tesoira de xeito sistemático nos últimos tempos.

Paulo Jablonski Chan das Pipas
Unhas das actividades do Nadal xira en torno ao Medievo
Tanxarina
Os titiriteiros serán os encargados de impartir un curso de sombras chinesas
Futuro económico
Mantéñense á expectativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará