Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Redondela declara o municipio zona libre de transxénicos

RR_Noticias

A medida ten poucas aplicacións prácticas tendo en conta que dende a administración local non se pode prohibir aos locais comerciais vender produtos que si están permitidos por lei. Con todo, dende o goberno local comprométense a modificar os contratos cos expendedores que dependen do concello para prohibir este tipo de comidas.

A moción presentada pola Agrupación de electores contou co apoio de todos os grupos. No texto aprobado reflexiónase sobre os riscos que podería levar o consumo e o cultivo de organismos modificados xeneticamente motivo polo que demandaban a adopción de medidas para garantir que nos establecementos dependentes do Concello non se expendan ou sirvan comidas ou bebidas que conteñan entre os seus ingredientes este tipo de produtos ou os seus derivados. Solicitaba tamén o voceiro de AER que se promovese que os establecementos privados de venda de alimentos sitos no termo municipal tampouco se sirvan ou vendan estes alimentos.O BNG amosaba o seu apoio total á moción destacando os prexuízos que o cultivo de transxénicos está a provocar en países do terceiro mundo.Dende o PSOE apuntaban que non sería posible aplicar as restriccións demandas por AER dado que non é posible dende o concello impedir aos locais comerciais vender un produtos que é legal. Con todo, Luís Orge animaba a promover xestións para que si se prohiban eses produtos nos comedores escolares.Os populares apoiaron tamén a propostas e concretaron algunha das actuacións que se poden levar a cabo dende o goberno local: introducir unha cláusula nos contratos cos expendedores dependentes do concello que lle prohiba a venda dese tipo de comidas e bebidas.

Jorge Varela AER
A moción chegou ao pleno da man da Agrupación de Electores
Xoan carlos González BNG
Os nacionalistas reclaman a soberanía alimentaria
Luis Orge PSOE
Solicitan que a medida se aplique nos comedores escolares
Alberto Pazos PP
Unha clausula prohibirá que os expositores dependentes do concello non vendan produtos transxénicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará