Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

600 prazas de estacionamento infrautilizadas

RR_Noticias

A Concellería de Interior promove o uso dos aparcamentos habilitados no solar de A Marisma e lembra aos veciños que se pode estacionar nese lugar os 365 días do ano e sen límite de tempo. O novo plan de tráfico, que se activará neste mes de  xaneiro, restrinxirá a circulación e eliminará o estacionamento de vehículo no Casco Vello.

Os cambios máis inmediatos e que está previsto aplicar antes de que conclúa o mes logo de varias reunións cos veciños da zona vella, concretaranse na eliminación das prazas de aparcamento en rúas como Isidoro Queimaliños, Prata e Cruceiro. Nas dúas primeiras limitarase tamén á circulación, sendo de uso exclusivo dos residentes.O obxectivo é favorecer a seguridade xa que o aparcamento de vehículos impedía que os servizos de emerxencia se puidesen desprazar polo Casco Vello.Precisamente un dos problemas que máis preocupa ao edil de Interior, Arturo González, é promover o aparcamento fora do centro urbano, motivo polo que animan aos condutores a estacionar no solar de A Marisma habilitado e acondicionado para tal fin, e onde existen ao redor de 600 prazas que poden ser usadas durante todo o ano e sen límite de tempo. Un espazo que ao entender do concelleiro debería ser empregado polos condutores que estacionan na vila durante varias horas o que permitiría deixar libras as prazas de aparcamentos máis céntricas para uso daqueles que só precisan dun estacionamento de corta duración. Logo de que o solar de A Marisma fose acondicionado nun principio para ser usado nos días de feira ou en datas de celebracións concretas, dende a concellería queren que os condutores se acostumen a estacionar nese lugar motivo polo que van mellorar a súa iluminación e condicións de uso.

Arturo González edil de interior
Unha reforma nas rúas do casco vello
Novo plan de tráfico
Unha das rúas con máis cambios será isidoro Queimaliños
Aparcamento de A Marisma
Anima aos condutores que permanecen moitas horas na vila a aparcar neste solar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará