Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela logo de ser sorprendido non interior do taller Fonte do mouro

RR_Noticias

O mozo, de 25 anos de idade, foi detido na madrugada do sábado logo de que unha chamada alertara á Policía local de ruídos sospeitosos no interior do taller que se atopa nas inmediacións da capela de Santa Mariña. O delincuente quedou en liberdade logo de prestar declaración ante o xuíz.

Os feitos producíronse ás tres da madrugada do pasado día 7, cando un veciño da zona da Picota alertou á Policía Local de ruídos no interior do taller de reparación de vehículos Fonte do Mouro. Ao chegar ao lugar os axentes atoparon no seu interior a un mozo de 25 anos de idade J.M.O.B. quen portaba diferentes ferramentas empregadas neste tipo de asaltos a establecementos comerciais.Ao verse acurralado o mozo reaccionou de xeito agresivo propinándolle varias patadas a un dos policías. Finalmente foi detido e trasladado ao centro de saúde, onde continuou actuando con agresividade, neste caso contra os profesionais sanitarios.Finalmente foi levado á comisaría acusado dun intento de roubo e atentado contra a autoridade e quedou en liberdade logo de prestar declaración ante o xuíz. Ao mozo cónstanlle varios antecedentes policiais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará