Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta electoral arquiva a denuncia contra o alcalde de Redondela

RR_Noticias

A Xunta electoral local entende que os feitos denunciados polo PSOE, en referencia a unha visita que o alcalde Javier Bas xunto co presidente da autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves realizaron días antes dos comicios de maio á Rande, non constitúen unha infracción á Lei Electoral.

O PSOE vigués denunciara a visita realizada á zona do litoral na que se prevé construír o futuro museo de Rande alegando que dita actuación podería constituír “unha grave infracción electoral” por vulnerar a lei na que se establece que ningún político pode facer público os logros obtidos durante o seu mandato. Incoado o expediente sancionador por parte da Xunta Electoral o rexedor de Redondela alegou que a visita se efectuara co fin de “inspeccionar os terreos coñecidos como a fábrica do alemán sen que se realizaran declaracións de carácter electoralista” nin se procedera a inaugurar ningún tipo de obra.Atendendo ás informacións publicadas en diferentes medios de comunicación, a Xunta Electoral conclúe que os denunciados non aproveitaron a visita para facer público un logro obtido durante o seu mandato e que polo tanto non vulneran a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral polo que se resolve o arquivo do expediente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará