Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os aparcamentos para minusválidos habilitaranse cando remate a remodelación do tráfico

RR_Noticias

Con este anuncio o concelleiro de tráfico Arturo González contesta ás críticas do BNG, quen acusaran ao goberno local de “insensibilidade” por non ter habilitado prazas de estacionamento para as persoas con minusvalía nas inmediacións do edifico da piscina.

Engade o edil popular que ditas prazas foron eliminadas con anterioridade ás eleccións municipais, polo que non entende porque non se repuxeron por parte do bipartito ou incluso porque non se incrementou o seu número se tan “sensibilizados estaban como queren facernos pensar”.Aseguran dende o PP que o seu compromiso por facilitar á mobilidade ás persoas que teñen algunha minusvalía queda demostrado coa mellora dos accesos ao Centro de Saúde “algo que o BNG foi incapaz de facer en 8 anos de goberno” e engaden que o motivo de non ter pintado polo de agora as prazas correspondentes ao carón das instalacións deportivas responde a que “en toda esa zona se vai realizar unha remodelación do tráfico de vehículos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará