Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O emprego no sector téxtil en Redondela caeu máis dun 70% na última década

RR_Noticias

Son datos achegados polo presidente da asociación de empresarios de Redondela, José Antonio Gómez, que avoga por unha maior unión dos empresarios do ramo revitalizar e poñer en valor un sector no que o municipio sempre foi referente.

Nos últimos anos o número de persoas empregadas no sector téxtil en empresas de Redondela pasou de 700 a tan só 200 traballadores. Uns datos preocupantes que amosan a difícil situación dunha industria que leva anos de capa caída no noso concello malia ter sido todo un referente no téxtil. O presidente da Asociación de empresarios entende que a situación non está perdida pero que é necesario unha maior unión dos empresarios para poder recuperar a preeminencia que identificou no pasado aos produtos locais.Gómez apunta tamén a necesidade de “internacionalizar o mercados” buscando clientes noutros países e lembra que a día de hoxe existen oficinas promovidas pola Xunta de Galicia que traballan no exterior para facilitar aos empresarios galegos o seu acceso a mercados internacionais.As queixas dos empresarios inciden unha vez máis na necesidade de crear solo industrial no noso concello, xa que a día de hoxe as empresas están a marchar fora de Redondela asentándose en polígono de municipios limítrofes, mentres as que apostan por manterse na vila fano en precario. Unha demanda de solo industrial que ven de lonxe e na que o novo goberno da Xunta segue a dar “a calada por resposta” en palabras de José Antonio Gómez.

José Antonio Gómez Asociación empresarios
Recuperar a unión e a identidade
Un sector en declive
O téxtil experimentou unha acusada caída de empregos
Polígono industrial
Polo de agora a demanda de solo indusrial ten recibido "a calada por resposta" por parte da Xunta

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará