O suceso tivo lugar ás 2:25 horas da madrugada de onte e a pesar da rápida intervención da Policía Local o lume deixou importantes danos na bodega da vivenda unifamiliar afectada polo incendio na zona da Pantalla en Cesantes. Así e todo o sinistro puido ser maior tendo en conta que se iniciou de madrugada e que na vivenda os seus ocupantes se atopaban descansando.
Emilio F.P de 58 anos de idade, que se atopaba durmindo no primeiro andar, foi quen espertou ao escoitar ruídos nos baixos da vivenda. Unha vez na bodega e ante a dimensión do lume decidiu chamar á policía local, que unha vez no lugar alertou tamén aos bombeiros de Vigo.Todo apunta a que o incendio foi provocado por un cortocircuito. O lume non causou danos persoais pero si danos de relevancia na propia construcción. Tamén se queimaron diversos utensilios de labranza e un ciclomotor.