As compañías Títeres tres globos, Viravolta títeres e Teatro del Andamio conforman o programa do Titirineno que se vai desenvolver durante tres sábados consecutivos no Multiusos da Xunqueira ás 18:00 horas. O prezo da entrada para asistir a estas representación infantís é de 3 euros.
Non será ata maio cando se celebre unha nova edición do Festival internacional de Títeres de Redondela que tanto éxito acada entre o público de todas as idades, pero os cativos poderán gozar dos monicreques xa nas vindeiras semanas coa posta en marcha do programa Titirineno, que arranca este mesmo sábado.Unha programación específica para nenos que se organiza dende a Concellería de Cultura e que serve de antesala ao Teatrarte que arrancará xa no vindeiro mes. Tres compañías de recoñecido prestixio pasarán polo Multiusos os sábados 21 e 28 de xaneiro e o 4 de febreiro para amosar as súas historias onde non faltará a música, a poesía e os contos.Os primeiros en subirse ao escenario será os membros de Títeres Tres globos coa obra “O sapo encantado”, o conto clásico onde se pedirá a participación dos nenos para desencantar ao Príncipe Croberto convertido en sapo pola meiga Maleira.Completan o programa Viravolta Títeres coa obra “Cando chove e raia o sol” e “A verdadeira historia da cigarra e a formiga” a cargo de Teatro del Andamio.