Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG en contra da suba do IBI

RR_Noticias

Alertan de que haberá máis de cen concellos onde os propietarios terán que pagar un 50% máis por esta taxa que se aplica á totalidade dos bens inmobles de uso residencial. Por este motivo solicitarán no vindeiro pleno municipal o apoio de todos os grupos con representación no Concello para instar ao goberno central que retire este incremento.

O incremento do IBI que ven de ser aprobado mediante decreto polo goberno central suporán unha suba dos IBI que varía entre o 10% e o 4% dependendo da antigüidade da última revisión catastral. Así, aqueles municipios cuxa última revisión é anterior ao 2002 deberán aplicar un incremento do 10%, diminuíndo esta porcentaxe ao 6% se esta revisión se realizou entre o 2002 e o 2004. Os concellos que fixeran a revisión despois dese ano aplicarán unha suba do 4%. Os veciños de Redondela de vérense afectados por esta suba estarían na situación máis optimista, xa que a última revisión data do 2005, segundo fontes do Servicio de Recadación.Con todo, sete de cada dez concellos de Galicia, segundo explican dende o BNG, van ter que aplicar o maior incremento dos contemplados no decreto xa que fixeron a última valoración catastral hai máis dunha década. “En todos estes concellos, o incremento será do 10% do imposto e afectará á totalidade dos inmobles de uso residencial”. Engaden que  haberá máis de 100 concellos nos que a suba suporá nos recibos do IBI un incremento do 50% en dous anos, xa que están aplicando o tipo mínimo fixado pola lei, e agora obrígaselles desde o Goberno Central a aplicar un tipo maior.Argumentan no BNG que se trata dunha grave medida que prexudicará á cidadanía, cun grave impacto nas economías domésticas e que invade as competencias municipais motivo polo que solicitan ao resto dos grupos o seu apoio para instar ao goberno central a retirada do incremento do IBI.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará