Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Soutomaior promoven o turismo de proximidade en FITUR

RR_Noticias

Na mañá de hoxe os alcaldes de 16 concellos da provincia, entre eles o de Redondela e Soutomaior, protagonizaron en FITUR distintas presentacións sobre a oferta turística de cada unha das localidades. Un acto que se desenvolvía no stand do padroado de Turismo Rías Baixas e no que se puxo de manifesto a relevancia turística destes concellos en conxunto ao situarse como o “sétimo lugar de España con máis turistas e o quinto en número de pernoctacións”.

En presencia dos principais operadores do sector, o titular do organismo provincial Rafael Louzán confirmou a importancia das Rías Baixas como destino por atoparse entre os dez principais destinos turísticos de España tal e como o corroboran os datos do Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao ano 2011.O alcalde de Redondela Javier Bas, e o edil de cultura, Alberto Pazos desprazáronse tamén a Madrid para participar na Feira Internacional de turismo co obxectivo de dar a coñecer o noso municipio aos axentes que se dedican a captar turistas como son as propias axencias de viaxe e os operadores maioristas.Dende Soutomaior Agustín Reguera destacou dous aspectos que fan deste territorio un espazo único: a festa da ostra de Arcade e o Certame da Camelia. Aproveitou a súa estancia en Fitur para defender a declaración do municipio como Xardín de Excelencia mundial, unha declaración que será realidade na reunión da Sociedade Internacional da Camelia que se celebrará o próximo febreiro en China.

Alberto Pazos FITUR
Unha visita para dar a coñecer Redondela aos operadores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará