O futuro do servizo que funciona casco urbano de Redondela e na praia de Cesantes está aínda por definir. Este verán rematan as axudas europeas que promoveran a súa posta en marcha no ano 2009 e deberá ser a Concellería de Medio Ambiente quen decida se o servizo se mantén ou se segue a mesma sorte que en Chapela, parroquia de onde se retiraron o pasado ano as bases existentes na Alameda e na praia de Arealonga.
Un sistema de préstamo gratuíto que se puxera en marcha co bipartito e que tivera moi boa acollida nun primeiro momento, segundo explicou o técnico do departamento de Medio Ambiente, Ramón Mato, pero que non se consolidou ao non contar coa resposta esperada en cando ao seu uso. Durante todo o pasado ano contabilizáronse un total de 345 usos nos puntos aínda habilitados, unha demanda escasa que non garante a continuidade do servicio.Fora precisamente o escaso uso do servicio en Chapela o que levara ao edil Miguel Angel Álvarez a retirar as bicicletas desa parroquia.