Unha diminución na subvención que o goberno galego concede aos concellos para a xestión das actividades e o mantemento de servizos sociais que repercutirá, ao entender do PSOE, na calidade dos mesmos. Por este motivo solicitan o apoio do pleno do concello para lle reclamar á xunta de Galicia que manteña a totalidade dos investimentos destinados ao Plan concertado.
Os recortes aprobados polo goberno galego ao Plan Concertado suporán unha diminución de máis de 66.000 euros respecto do ano 2010. Así, o concello de Redondela recibirá preto de 227.000 euros a través das achegas que concede a Xunta para o cofinanciamento das prestacións que as corporación locais desenvolven a través de servizos sociais, unha cantidade que supón practicamente a metade do solicitado e que ascendía a 400.000 euros.Dende o PSOE entenden que este recorte repercutirá negativamente nos servizos que se están a prestar dende Redondela motivo polo que solicitan aos grupos con presencia na corporación o seu apoio para reclamarlle á Xunta que manteña o financiamento do Plan concertado de cara a garantir “polo menos a cobertura orzamentaria de 2010” así como iniciar “os trámites necesarios para que nos orzamentos de 2012 o Concello de Redondela dedique unha partida para resolver as carencias que vai supor o recorte da Xunta nesta materia”.