O xulgado do penal número 2 de Vigo suspendeu onte o xuízo contra un condutor de 19 anos que atropelou a un menos de 15 nas inmediacións da discoteca la Fábrica o 24 de novembro do 2010 causándolle a morte. A vista que se ía celebrar na xornada de onte, posponse ata o 8 de marzo porque a acusación non recibira unha notificación e faltaba un avogado.
O imputado, José Antonio D.A. de 19 anos de idade, enfróntase a unha pena de catro anos de cárcere por un suposto homicidio por imprudencia. A familia do falecido eleva a reclamación a 10 anos de prisión porque o condutor era un infractor reincidente a quen xa lle tiñan retirado o carné de conducir por circular baixo os efectos do alcol. Atribúenlle ademais o delito de omisión de socorro por fuxir do lugar dos feitos.No xuízo que se ía celebrar onte estaba prevista a declaración de once axentes da Policía Nacional, da Policía Local, Gardas Civís de tráfico e dos peritos encargados de reconstrución do accidente.