Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os mariñeiros confían en que as obras da lonxa comecen en xuño

RR_Noticias

A licitación da nova lonxa de Cesantes, unha vez xa rematado o proxecto, está agora pendente de que se resolvan os permisos necesarios para construír nunha zona enmarcada dentro dun espazo de especial protección por atoparse en Zona Natura. O custe estimado do proxecto é de 650.000 euros.

O patrón maior de Redondela, Clemente Bastos amosábase satisfeito cos pasos dados ata o de agora por Portos de Galicia de cara a consolidar un proxecto que contempla a construcción dunha nova lonxa no peirao de Cesantes. Logo da xuntanza mantida na mañá de hoxe con técnicos do organismo portuario, Bastos aseguraba que se están a dar os pasos necesarios para que a lonxa sexa unha realidade en breve. De feito, confían en que xa no mes de xuño se derribe o actual edificio para comezar a construír a nova lonxa, que segundo o proxecto inicial estará dividida en dous andares. Na planta baixa de 350 metros cadrados situaríanse os espazos ligados ás actividades de venta, transporte, clasificación e almacenamento. Tamén se localizarían nela os vestiarios para os usuarios e as cámaras de xeo e frío, tal e como demandaran os traballadores. O segundo andar contará cunha superficie de 163 metros cadrados destinada a usos administrativos, didácticos e de estudo, con estancias comúns.Na confraría esperan que non se produza ningún contratempo e que as obras poidan iniciarse no segundo semestre do ano, logo de que se produciran algúns atrasos nos prazos iniciais debido ao relevo na presidencia de Portos de Galicia, cargo que actualmente ocupa José Juan Durán en substitución de José Manuel Alvarez Campana. Bastos insiste en que se trata dunha necesidade urxente “dado que esta carencia está a provocar perdas non sector ao non poder comercializar o choco en Redondela”.

Clemente Bastos patrón maior
Os mariñeiros confían nos prazos inciais
Unha necesidade urxente
Carecer dunha lonxa en condicións provoca perdas no sector

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará