A Concellería de Medio Ambiente de Gondomar investiga o funcionamento da canceira de Vincios xestionada pola empresa Cánidos Val Miñor, logo de recibir numerosas cartas de denuncia sobre o presunto maltrato animal que alí se practica contra os animais recollidos. Esta empresa xestionaba a recollida de animais abandonados en Redondela ata o ano pasado, cando o servizo foi adxudicado a Casal Dog.
Ademais das denuncias presentadas por escrito no propio concello de Gondomar por unha veintena de veciños, tamén teñen aparecido nas redes sociais e blogs de Internet numerosas imaxes, que segundo os internautas foron tomadas no recinto desa canceira, e nas que se pode ver o lamentable estado dalgúns dos cans, que viven entre lixo, cascallos e incluso xunto a outros animais mortos.A empresa que xestiona esta canceira está contratada por diferentes concellos, recibindo fondos públicos dos concellos Porriño, Mos e Tomiño a cambio da recollida dos cans abandonados que aparecen nestes municipios. En Redondela foi tamén a encargada do servizo durante varios anos, ata que a recollida dos animais abandonados lle foi adxudicada o ano pasado a Casal Dog.O concello de Gondomar, ademais de iniciar unha investigación de cara a determinar se as denuncias son reais, trasladou xa esta situación tanto ás Consellería de Medio Rural e sanidade así como ao Seprona para que procedan tamén a investigar o caso por seren as administracións competentes.