Membros da Asociación de Alcohólicos Anónimos de Vigo imparten dúas chalas entre o alumnado para alertar dos riscos do consumo de bebidas alcohólicas entre os máis novos que poden xerar serios problemas de adición e saúde.
Dende esta asociación lembran que nos últimos anos téñense duplicado o número de borracheiras entre rapaces “nalgúns casos de tan só 12 ou trece anos” como consecuencia en moitos casos de que se teña estendido o fenómeno do botellón como xeito de diversión entre os mozos. Un consumo intensivo de alcol que ademais dos riscos puntuais por unha posible inxesta que acabe no hospital ou en coma etílico, provoca tamén riscos a longo prazo, xa que moitos deste consumidores sociais poden acabar sendo alcohólicos. Antonio, membro de Alcohólicos Anónimos de Vigo, lembra que hai que estar alerta e reaccionar ante os primeiros síntomas: lagoas na memoria con períodos de amnesia, conflictos familiares e un incremento do nervosismo e a ansiedade. Uns asuntos dos que se falará novamente esta tarde ás 20:00 horas no Instituto de Chapela, un acto organizado preferentemente para os alumnos que cursan o bacherelato nocturno.